Acerca de

River Bucks A.C. nace a partir  de todo o traballo realizado durante anos por GravelRoad76, un recuncho onde dende 2010 reflexamos a nosa paixón pola música americana (Blues, Southern Rock, Soul, Americana…).
Con River Bucks A.C. pretendemos manter viva non soio esa paixón pola música, se non poder compartila con todos os que desexen achegarse a este pequeno reducto independente. Ca nosa proposta cultural intentaremos achegar ata esta parte do mundo esas bandas e músicos que ata agora para poder ver en directo soio teríamos duas oportunidades, ou irnos a unha gran capital ou cruzar o gran océano.

Inda que asentados na Guarda (Pontevedra), a nosa actividade estase centrando na cidade de Vigo principalmente por cuestións loxísticas. Ata día de hoxe poidemos disfrutar de entre outros eventos dos concertos de Steepwater Band (Chicago), Willie Nile (Nueva York), Velma Powell (Chicago), Marc Ford (L.A.), Robert Jon & The Wreck (L.A.), Hogjaw (Arizona), Banditos (Nashville), Greasy Tree (Arkansas), Stacie Collins (Nashville), …. e tamén organizamos o primeiro ciclo internacional de Blues :”Mais Que Blues”,  con  artistas como Smillin´Bobby (Chicago), Michael Roach (Washington DC) e Michael Dotson (Chicago).

Seguiremos pouco a pouco o nos camiño e quen sabe ata onde chegaremos… o que temos claro e que River Bucks ven para quedarse e seguirá traballando duro para manter a música en directo viva!!!

contacto: riverbuckscultural@gmail.com

Anuncios